O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a concesión de 14 programas de 12 meses de duración, cun investimento próximo aos 6,4 millóns de euros. Estes programas xa se están a desenvolver en varias provincias galegas.
Por provincias, Pontevedra será a beneficiaria de seis programas, seguida da Coruña con cinco. Ourense contará con dous proxectos e Lugo cun.
As áreas de coñecemento nas que a mocidade participante está a adquirir formación inclúen a atención sociosanitaria, a instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, traballos forestais, albanelaría e promoción turística, entre outras.
O obxectivo desta iniciativa, enmarcada no Programa Operativo FSE+ Galicia 2021-2027, é fortalecer as oportunidades laborais dos beneficiarios e a súa conexión co tecido produtivo, a través da coordinación coas empresas para garantir a inserción.




