Ademais do apoio directo, o Concello de Oleiros concede anualmente subvencións para contribuír ao desenvolvemento das actividades. Nas próximas datas resolveranse as axudas correspondentes ao presente ano, que inclúen un incremento de 43.000 euros nas subvencións destinadas ás entidades deportivas. Este aumento débese ao crecente número de clubs e entidades do municipio que participan en competicións de ámbito estatal.
De cara a 2027, o Concello reforzará tamén o apoio ás comisións de festas e ás entidades veciñais e culturais. As comisións de festas pasarán de contar cunha partida de 3.000 euros a outra de 25.000 euros, mentres que as subvencións para as entidades veciñais e culturais aumentarán de 48.000 a 60.000 euros.




