O Concello de Sada pecha 2025 cun superávit de case 4 millóns

A liquidación presupostaria confirma a solvencia financeira do municipio e un baixo nivel de endebedamento.

Imaxe xenérica do Concello de Sada.
IA

Imaxe xenérica do Concello de Sada.

O Concello de Sada pechou o exercicio de 2025 cun resultado presupostario positivo de 3.893.137,60 euros e un remanente de tesourería para gastos xerais de 9.865.527,38 euros, segundo o informe de liquidación da Intervención municipal.

O informe de liquidación, elaborado pola Intervención municipal, evidencia a estabilidade dos ingresos municipais e o fortalecemento da capacidade financeira do Concello nos últimos anos. Segundo o Executivo local, isto reflíctese nun incremento sostido do remanente de tesourería e unha situación de ampla solvencia.
O Consistorio destaca que a liquidación confirma a boa situación financeira do Concello, cunha elevada capacidade de solvencia. Ademais, subliña o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto, así como cun nivel de endebedamento moi reducido.
En concreto, a débeda viva municipal sitúase no 5,77%, unha porcentaxe que o Concello de Sada considera "moi inferior aos límites establecidos para as entidades locais".