O accidente produciuse pouco antes das tres da tarde cando o motorista circulaba pola devandita avenida en dirección a Alfonso Molina. Segundo as testemuñas, o turismo implicado estaba a incorporarse lentamente á avenida nunha curva de escasa visibilidade, o que provocou que o motorista non o vira e chocase contra o seu lateral.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos da Policía Local, así como unha ambulancia do 061. A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) cun pronóstico reservado.




