O incidente, protagonizado por un paciente, tivo lugar no desenvolvemento das súas tarefas asistenciais. A organización sanitaria reitera a súa postura de rexeitamento á violencia en calquera das súas manifestacións, cualificándoa de inaceptable.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 subliña que o persoal do ámbito sanitario debe poder exercer a súa profesión con dignidade e seguridade, nun contorno libre de ameazas e coa protección necesaria.
“"O persoal do eido sanitario debe ter sempre o dereito de exercer a súa profesión con dignidade e seguridade nunha contorna segura e libre de ameazas."
Ademais, a Xunta de Galicia impulsou recentemente medidas para reforzar a protección integral dos profesionais fronte a episodios de violencia. Galicia foi a primeira comunidade en incorporar sancións específicas para agresións a técnicos en emerxencias sanitarias, tras a modificación da Lei de Saúde de Galicia en marzo deste ano.




