O sinistro ocorreu sobre as 16:00 horas e implicou a tres coches que circulaban na entrada ao aeroporto. Segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia, unha persoa resultou ferida e foi trasladada por Urxencias Sanitarias ao hospital tras queixarse de dores no peito.
A causa do accidente, produciuse unha notable congestión de tráfico na autoestrada AP-9 en sentido A Coruña, afectando a circulación durante varias horas.
Ao lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Culleredo e unha ambulancia do 061 para atender aos implicados e restablecer a normalidade na vía.




