Atlantis Aventura celebra 24 anos de traxectoria no turismo activo

A empresa, pioneira na zona, destacou polas súas rutas en kaiak á Cascada de Ézaro, as Furnas de Fisterra, as súas actividades de sendeirismo e Paddle surf entre outras…

Atlantis Aventura celebra 24 anos de traxectoria no turismo activo

Grupo de persoas gozando do tour en kaiak á Cascada de Ezaro con Atlantis

Atlantis Aventura conmemora 24 anos desde o seu inicio no turismo activo, ofrecendo experiencias na contorna de Carnota e Dumbría, cun enfoque na Cascada de Ézaro e o Monte Pindo.

Dende a súa fundación hai 24 anos en O Pindo San Clemente, Atlantis Aventura foi un referente na promoción do turismo activo. A empresa contribuíu a dar a coñecer o Sacro Olimpo dos Celtas e a Cascada de Ézaro a través de actividades que se converteron en icónicas na rexión.
Entre as propostas máis destacadas de Atlantis Aventura atópanse as rutas en kaiak para explorar a Cascada de Ézaro, as rutas de sendeirismo e os descensos de barrancos entre outras. Estas actividades foron deseñadas para que cada participante goce da cultura e as lendas locais da man de profesionais. A empresa traballa con colexios, asociacións e empresas locais, e os seus guías son descensos da terra, o que reforza o seu compromiso coa contorna.
A actividade máis recoñecida de Atlantis Aventura é o tour guiado en kaiak á Cascada de Ézaro, unha proposta que se converteu nunha das experiencias mellor valoradas por quen visita Galicia. Durante o percorrido, os participantes coñecen a historia do río Xallas, a relación do Monte Pindo coa mitoloxía celta, o patrimonio marítimo da zona, a riqueza ambiental do estuario e numerosas recunchos que habitualmente pasan desapercibidos para o visitante.
Actualmente, Atlantis Aventura está a desenvolver un proxecto de turismo azul na costa, que se dará a coñecer proximamente. A gran novidade desta tempada será a incorporación dun servizo de rutas discrecionais en barco con patrón, unha experiencia que permitirá descubrir a Costa da Morte dende o mar cunha perspectiva completamente diferente. As novas travesías percorrerán algúns dos lugares máis emblemáticos do litoral, entre eles Fisterra, Sardiñeiro, as Illas Lobeiras, Corcubión, Cee, O Pindo, Carnota e a Cascada de Ézaro, ofrecendo saídas personalizadas para pequenos grupos.

"Levamos 24 anos demostrando que o turismo activo pode emocionar, ensinar e contribuír ao desenvolvemento sostible do noso territorio."

Amelia Garcia · Xerente
Un dos valores de Atlantis Aventura é o seu enfoque en grupos limitados, o que garante a diversión e a seguridade dos participantes, fomentando a conexión entre eles e creando un ambiente familiar. A empresa dedícase a desenvolver actividades turísticas no medio natural, consolidando a súa traxectoria como unha das empresas máis destacadas da comarca polo seu profesionalismo e coñecemento da contorna.
Quen desexe coñecer as actividades, consultar dispoñibilidade ou realizar unha reserva poden obter toda a información en https://www.atlantisaventura.com, así como seguir as novidades da empresa nos seus perfís oficiais de redes sociais.

Máis información

Visitanos