A peza artística, inspirada na deusa grega da sabedoría Atenea e na ave branca que a acompaña, busca transmitir a idea de que o coñecemento achega claridade mental. O mural, con tons claros e luminosos, foi deseñado especificamente para favorecer un contorno de calma e benestar entre os usuarios da aula de estudo.
Manuel Suárez Casal, pintor coruñés con case tres décadas de traxectoria, evolucionou desde a figuración cara a unha linguaxe informalista e abstracta. Desde a súa primeira exposición en 1997, participou en máis de cincuenta mostras e recibiu diversos premios autonómicos.
A incorporación desta obra integra a arte contemporánea nun espazo público de uso cotián, reforzando o papel da biblioteca como lugar de encontro entre cultura, educación e creatividade. A intervención busca mellorar as instalacións e ofrecer á cidadanía un ambiente máis humano e estimulante.
Con esta actuación, Arteixo reafirma o seu compromiso coa mellora dos espazos públicos e coa promoción da cultura como ferramenta de benestar, achegando a obra dun artista galego de recoñecida traxectoria á cidadanía.




