A Xunta reafirma o seu compromiso coa Cruz Vermella para atender persoas vulnerables

A conselleira de Política Social e Igualdade reuniuse coa directiva da entidade para fortalecer a colaboración en atención á infancia, maiores e vítimas de violencia de xénero.

A Xunta reafirma o seu compromiso coa Cruz Vermella para atender persoas vulnerables

Consellería de Política Social (Xunta de Galicia) · 2026-11-04

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, xunto á delegada territorial na Coruña, Belén do Campo, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta coa Cruz Vermella para seguir ofrecendo atención coordinada ás persoas vulnerables.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial na Coruña, Belén do Campo, reuniuse este mediodía coa presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Mercedes Casanova, e outros membros da directiva para reafirmar o compromiso da Xunta coa entidade de cara a seguir ofrecendo unha atención coordinada ás persoas vulnerables.
Na súa primeira toma de contacto, a conselleira destacou o traballo da entidade en eidos como a protección da infancia, as persoas en risco de exclusión, as vítimas de violencia de xénero e os maiores. Tamén mencionou o labor de xestión da central telefónica de atención á soidade non desexada.
“

"É moi alentador saber que cada galego que o precise e marque o 900 830 831 vai atopar ao outro lado, un profesional de Cruz Vermella que traballa “por e para as persoas”."

Ángeles Vázquez · Conselleira de Política Social e Igualdade
A conselleira recalcou que esta central telefónica da Xunta é un elemento indispensable para axudar a quen se sinta só. Ángeles Vázquez agradeceu o labor da Cruz Vermella en Galicia e trasladou a vontade do Goberno galego para seguir traballando polos que máis o precisan en todo o territorio.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Consellería de Política Social (04/11/2026)