As obras executadas consistiron na instalación dunha sobrecuberta de zinc sobre a existente e na mellora dos accesos para facilitar o seu mantemento. Esta intervención pon fin a unha problemática que se arrastraba dende hai unha década e que poñía en risco a integridade dun dos referentes culturais de Galicia e a nivel estatal.
O Teatro Rosalía de Castro, cunha traxectoria de case dous séculos, é un símbolo da identidade cultural da Coruña e un espazo clave para a creación, difusión e encontro arredor das artes escénicas. A súa programación estable de teatro, música e danza consolídano como un referente cultural e un punto de encontro esencial para a cidadanía.




