O lume, que se orixinou ás 21,10 horas do día de onte, afectou finalmente unha superficie de 4 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 2 axentes, 4 brigadas e 4 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra á cidadanía a importancia de alertar sobre calquera incendio forestal. Para iso, pon a disposición o número de teléfono gratuíto 085. Ademais, existe a aplicación ALume para avisar sobre incendios activos e un teléfono anónimo (900 815 085) para denunciar actividades delituosas incendiarias.
Toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta de X @incendios085.




