A carreira, que tiña lugar no concello ourensán de Muíños, sufriu un accidente cando un dos vehículos participantes perdeu o control e impactou contra varios espectadores na Praza do Concello, onde se atopaba a meta.
O suceso ocorreu sobre as 12:30 horas. A maioría dos afectados sufriron golpes de diversa consideración, pero unha nena foi a que se levou a peor parte, con "lesións importantes".
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (112) coordinou o operativo, xa que os recursos médicos presentes na proba, organizada dentro das festas patronais e a Copa Galicia, podían ser insuficientes.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou un equipo en helicóptero medicalizado desde Ourense. Tamén acudiron axentes da Garda Civil e membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muíños.
Tras unha primeira avaliación, a menor foi evacuada en aeronave ao hospital, mentres que o resto de feridos foron trasladados noutras dotacións de emerxencias.




