O alcalde, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Deportes, Gonzalo Outeiro, recibiron o deportista nas dependencias municipais. Alí, entregáronlle un recoñecemento institucional pola súa traxectoria e por levar o nome de Soutomaior ao máis alto nivel deportivo.
Mateo Sobral, que compite na categoría xuvenil do Celta e esta tempada está xogando co Celta Fortuna, proclamouse campión da UEFA Friendship Cup 2026 en Suíza tras vencer por 0-2 a Inglaterra na final disputada en Nyon.
“"Mateo é un exemplo de talento, esforzo e constancia. Os seus éxitos son tamén unha alegría para Soutomaior, porque leva o nome do noso concello por escenarios deportivos internacionais e demostra que, con traballo e ilusión, se pode chegar moi lonxe."
O alcalde destacou o orgullo que supón para o municipio contar cun deportista que está a dar pasos importantes na súa carreira e desexoulle sorte nos próximos retos deportivos. Subliñou tamén a importancia de recoñecer o traballo e a dedicación dos mozos e mozas do municipio que sobresaen nas súas disciplinas.
Con esta homenaxe, o Concello de Soutomaior quere trasladarlle a Mateo Sobral o recoñecemento e o apoio da veciñanza e pór en valor unha traxectoria que suma éxitos no fútbol de base nacional e internacional.




