A iniciativa, enmarcada na campaña municipal ‘Conscientes. Medra en verde’, está dirixida a persoas particulares empadroadas no municipio e permitirá entregar ata un máximo de cinco capachos de escombros no Punto Limpo da Montesiña.
Para facer uso deste servizo, é necesario contactar previamente con Urbaser no teléfono 986 67 80 46, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 horas. Unha vez realizada a comunicación, os veciños poderán levar os residuos para a súa xestión adecuada.
O alcalde, Manu Lourenzo, destacou a importancia de ofrecer solucións prácticas para protexer o medio ambiente e avanzar cara a un Soutomaior máis limpo e sostible, evitando o abandono incontrolado destes materiais.
Esta medida está pensada especificamente para pequenas reformas domésticas e non inclúe residuos de obras maiores, que deberán ser xestionados por empresas autorizadas.




