O Concello da Fonsagrada, en virtude dunha subvención concedida pola directora xeral de AGADER, levará a cabo o proxecto "Mellora de camiños rurais de acceso a núcleos do Concello da Fonsagrada 2026-2027". Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España.
O proxecto inclúe a mellora de varios accesos clave para a veciñanza. Entre as actuacións previstas atópanse os accesos a Lamas de Campos, Pumeda e Campos.
Tamén se mellorarán os accesos a A Burela e A Valiña das Ovellas, conectando desde as estradas provinciais LU-P-4606 e LU-P-4811. Ademais, realizarase a mellora do acceso a Río de Sabugo desde a estrada provincial LU-P-4606.




