O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visitou esta mañá a zona para coñecer de primeira man o inicio das obras. O proxecto busca mellorar as condicións actuais da praza, reforzando a seguridade viaria, renovando os pavimentos e ampliando os espazos destinados ás persoas.
A intervención tamén creará unha contorna máis accesible e agradable, incorporando zonas verdes, espazos de lecer e materiais de calidade que porán en valor a identidade propia de Moreira.
“"Queremos que os nosos barrios conten con espazos públicos coidados, accesibles e pensados para as persoas. Esta actuación permitirá recuperar e mellorar un lugar importante para Moreira, creando unha contorna na que a veciñanza poida desfrutar e convivir."
Esta actuación dá continuidade a melloras realizadas nos últimos anos noutras zonas do barrio, como Fondo de Vila e Ouxil, dentro da aposta do Goberno municipal por reforzar os núcleos rurais e mellorar a calidade de vida da cidadanía.




