O encontro, que se celebra esta fin de semana na Residencia de Tempo Libre de Panxón, reúne a doentes, familiares e profesionais do ámbito sociosanitario.
Jacobo Rey subliñou o respaldo que Asfega brinda ás persoas con enfermidades metabólicas e ás súas familias, e recalcou a transcendencia destes eventos para compartir experiencias e coñecer mellor estas patoloxías.
O programa da convivencia inclúe relatorios sobre os avances no estudo das enfermidades metabólicas, a importancia do diagnóstico precoz, os novos tratamentos e terapias, así como o papel da nutrición e o exercicio físico na saúde dos pacientes.




