A colección "Onas de Viaje", de Joan Manel Boltes, gañou a vixésima edición de Debut, celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra. A proposta, inspirada nun pobo orixinario de Terra do Fogo, articula unha reflexión sobre o colonialismo e a mestizaxe cultural tras a colonización. Boltes, titulado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, recibiu o premio da Fundación Bimba y Lola.
Na mesma pasarela, o proxecto de Alicia Bonilla, "Babette", foi distinguido co premio á colección con maior valor artesanal, outorgado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia. Bonilla construíu un "imaginario persoal" a partir dunha colección de libros de cociña.
O desfile presentou 15 coleccións desenvolvidas como proxectos de fin de estudos por novos titulados e tituladas do mestrado. A coordinadora do máster, Lola Dopico, cualificou o evento como "unha festa da creatividade e do deseño" que amosa "o talento dos deseñadores que se forman no campus de Pontevedra".
Entre os asistentes atopábanse o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a vicerreitora do campus, Marián Fernández; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández; o decano de Deseño, Marcos Dopico; e o concelleiro de Cultura e Educación, Demetrio Gómez. O evento contou coa colaboración do Concello de Pontevedra, a Vicerreitoría do campus, a Fundación Bimba y Lola, a Fundación Artesanía de Galicia, o Consello Social da UVigo e o Campus Crea.
Ademais das coleccións premiadas, presentáronse outros proxectos como o de Laura Tubío (inspirado en "A viaxe de Chihiro"), Sara Herrero (sobre a cultura afroamericana), Fernando Búa (elegancia popular a partir dun álbum familiar), Celia Vilariño (Nova York dos 70), Lucía Álvarez (identidade e mirada allea), Sabela Alonso (aviación e identidade feminina), Lucía Prieto (reino fantástico inspirado en Castela), Alicia Gómez (voo e paracaidismo), Álvaro Brea (tradición española e cinema de Buñuel), Yu Cadena (arquitecto Luis Barragán), Tuset (traxe masculino), Guida Aurembiaix (Mikrokosmos de Béla Bartók) e Manuel López (proto-dandi e xastrería).




