A actuación, que conta cunha achega de 240.000 euros da Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia e o resto con fondos municipais, está adxudicada á empresa Covsa e ten un prazo de execución de dous meses.
Os traballos abranguen o tramo do Camiño de San Cosme entre Cela e o cruce co Camiño de Pardellas, preto do Colexio O Castro Internacional. A intervención inclúe a renovación do pavimento, a mellora da drenaxe e o reforzo da sinalización e das medidas de seguridade.
Ademais, renovarase o alumeado público e aproveitarase para completar actuacións pendentes nos servizos municipais, como a conexión á rede de saneamento de catro acometidas.
Un punto clave da intervención é o tramo de curva próximo ao colexio, onde a escasa visibilidade e as características do trazado dificultan o cruzamento de vehículos. Nesta zona ampliarase a calzada e instalaranse dous reductores de velocidade, xunto cun pavimento diferenciado para advertir os condutores.
Tamén se adecuará os límites de velocidade, se realizarán traballos de limpeza das marxes e renovaranse elementos deteriorados. O vial prevese que volva abrir ao tráfico o día 9.
“"A actuación permitirá mellorar as condicións de seguridade para os usuarios da vía e para o entorno do centro educativo."




