A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu este domingo en Baiona (Pontevedra) aos actos conmemorativos do Día do Carmen. A celebración, organizada pola confraría da vila, é unha festa de fonda tradición mariñeira que rende homenaxe á patroa das xentes do mar.
O evento tamén busca pór en valor o papel esencial do sector pesqueiro e marisqueiro na economía e na identidade de Baiona. A responsable autonómica acompañou aos representantes do pósito, ás autoridades locais, aos profesionais do mar e aos veciños e veciñas na cerimonia relixiosa e institucional.
A xornada incluíu a Misa solemne e a tradicional procesión marítima na honra á Raíña do Mares, un acto central na devoción mariñeira da localidade.




