O local, que abriu as súas portas hai pouco máis dun ano, non poderá seguir asumindo os custos de funcionamento. Os seus responsables comunicaron o peche a través dun vídeo nas redes sociais, onde explicaron a difícil situación.
A idea orixinal do negocio era ofrecer tortitas con forma de peito feminino, recheas de doces, co dobre obxectivo de satisfacer os padais máis golosos e reivindicar a validez de todos os corpos e o amor propio.
“"Despois de intentalo todo lamentablemente non podemos seguir mantendo o negocio e vémonos obrigados a pechar este mes de xuño. Estaremos abertos ata o día 30 e para os que queiran pasarse a probar imos ter as tortitetas dun topping a 3 euros e as de dous a 3,50 en tenda física."
Os propietarios sinalaron que "foi todo un reto con tan pouco orzamento e dende xaneiro foi moi difícil". A súa "idea sempre foi que a xente que viñera levase unha linda experiencia".
Finalmente, quixeron agradecer o apoio recibido: "Queremos darlles as grazas a todos os que viñeron a probar sempre a idea principal era que se levaran unha linda experiencia e saíran de aquí cun sorriso e cremos que iso se logrou".




