A programación militar inclúe a participación de nove buques, sete da Armada española e dous da Garda Civil. Estas embarcacións poderán ser visitadas no muelle de Trasatlánticos en diferentes franxas horarias.
Entre as unidades destaca o portaaeronaves Juan Carlos I, o buque máis grande da Armada, capaz de transportar ata 30 aeronaves e albergar case 300 tripulantes. Tamén participará o buque anfibio Castilla, construído en Ferrol, con experiencia en misións humanitarias e de seguridade internacional.
Completan a lista de navíos da Armada as fragatas Juan de Borbón, Blas de Lezo e Reina Sofía, o buque hidrográfico Malaspina e o patrulleiro Audaz. Pola súa banda, a Garda Civil achegará os patrulleiros Duque de Ahumada, o maior da súa frota, e o Río Luna.
O evento combinará a revista naval cunha exhibición dinámica na costa viguesa, convertendo a Samil nun dos epicentros da celebración militar a nivel nacional.




