O sinistro produciuse ao redor das 22:59 horas cando o condutor, que circulaba nunha Honda CBR 600 en dirección á saída da cidade, saíuse da vía na intersección da avenida do Aeroporto co Camiño das Patas. A motocicleta caeu ao chan, e o seu condutor resultou falecido a consecuencia do forte impacto.
Fontes da Policía Local indicaron que non houbo implicación doutros vehículos no accidente. A Policía xa remitiu o atestado á sección 7 de Instrución do Tribunal de Instancia de Vigo, que se atopa investigando as causas exactas do suceso.
O condutor resultou falecido a consecuencia do violento impacto.




