A proba inclúe a competición federada, o Circuíto Galego de Augas Abertas, a categoría popular e a estrea do programa Vigo sabe nadar para nenos nacidos entre 2014 e 2017, organizada polo Náutico na dársena deportiva.
Na categoría Elite, con un percorrido de 3.700 metros, participarán dezaoito nadadores federados (trece homes e cinco mulleres). Esta proba puntúa para a segunda carreira do circuíto galego Arzúa-Ulloa de augas abertas. Entre os inscritos atópanse Xoel Cubeiro (CN Liceo), segundo na Travesía ao Dique, e Alba Ortiz e Lucas Costa (CN Ponteareas), dominadores do circuíto.
A proba popular contará con 175 nadadores que completarán o mesmo traxecto que os Elite, dende a praia de O Con. Os populares serán os primeiros en saír, quince minutos antes que os Elite. O evento, que regresa tras un parón de dous veráns, é a proba de natación máis antiga de Galicia.
Ademais, haberá unha categoría escolar para nenos de 9 a 12 anos, que nadarán 400 metros, permitindo que familias enteiras poidan gozar do evento deportivo.




