No marco do Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo, a agrupación sadense destacou na categoría Infantil, onde participan nenos e nenas de entre 12 e 15 anos. Compartiron o podio con centros de Coímbra (Portugal) e Vilassar de Mar (Barcelona), ademais de bailaríns de Bideford (Reino Unido) e Palma de Mallorca (Illas Baleares).
Ademais do recoñecemento do xurado, Sadanza tamén conquistou o público. O seu espectáculo, titulado Enamorá, foi o máis votado polos espectadores presentes no evento, superando a outras propostas. Pola súa banda, a coreografía Bulería, da Escola LDanza de Vigo, foi a preferida nas votacións telemáticas.
O certame continuará o domingo 3 de maio coa competición da categoría Absoluta pola mañá, culminando pola tarde, a partir das 18:00 horas, coa Gran Final Vigo Porté 2026. Nesta gala final, seleccionaranse as mellores coreografías entre máis de catrocentos participantes e outorgarase o Premio VP26.




