A convocatoria literaria, enmarcada na programación cultural do Baiverán 2026, tivo lugar na sala da Capitanía Marítima da vila. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, agradeceu ao autor a elección da localidade como protagonista do seu novo libro e a súa presenza na cita, así como a asistencia do público.
Durante o acto, o autor compartiu co público o sentido e os obxectivos do libro: unha recompilación de 23 capítulos que recolle as vivencias, experiencias e anécdotas redactadas por Cuartango cada agosto dende o ano 2012, cunha filosofía e mestría creativa particular.
A obra, editada polo Concello de Baiona coa colaboración de GESTAGUA, inclúe máis dunha vintena de artigos que ofrecen a oportunidade de descubrir Baiona dende outra perspectiva, a través da mirada, o enxeño e o sentimento nostálxico do escritor. As fotografías de lenzos coloristas do artista cangués Raúl Velloso complementan a enerxía, música e ritmo desta publicación.




