A Capitanía Marítima de Baiona será o escenario o vindeiro mércores 19 de agosto ás 20:00h da presentación oficial do libro do escritor, xornalista e columnista Pedro G. Cuartango.
A obra, dividida en 23 capítulos, recolle as vivencias, experiencias e anécdotas que Cuartango redactou cada agosto dende o ano 2012, cunha filosofía e mestría creativa.
Máis dunha vintena de artigos ofrecen a oportunidade de descubrir Baiona dende outra perspectiva, a través da mirada, o enxeño e o sentimento nostálxico do escritor.
O libro inclúe fotografías de lenzos coloristas do artista Raúl Velloso, que achegan enerxía, música e ritmo á obra. A edición corre a cargo do Concello de Baiona, coa colaboración de GESTAGUA.




