As filtracións de auga pluvial no interior do ximnasio, recentemente renovado polo Concello de Baiona, motivaron esta nova intervención. Xa se realizara unha primeira actuación en decembro de 2023 cun sistema de impermeabilización, pero esta segunda fase busca solucionar por completo a incidencia.
O obxectivo principal é asegurar a utilización do ximnasio con maior seguridade e comodidade tanto para o alumnado do CEP Sabarís como para a realización de actividades extraescolares.
A obra céntrase en cubrir a zona afectada da cuberta do ximnasio e a fachada da primeira planta do edificio escolar, co fin de previr futuras filtracións de auga e humidade.




