O obxectivo desta normativa é ordenar o uso da vía pública durante as vindeiras Festas do Cristo 2026, permitindo aos hostaleiros do Concello do Porriño a colocación de barras portátiles ou calquera outra instalación exterior para o desenvolvemento do seu negocio.
Esta decisión baséase nas facultades de ordenación, policía e xestión do dominio público que corresponden á Alcaldía, en virtude do disposto nos artigos 21.1.f) e 84 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e na Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
O bando municipal establece normas de obrigado cumprimento que deberán ser seguidas polos establecementos hostaleiros que desexen instalar estas estruturas fóra dos seus locais durante o período festivo.




