Esta iniciativa, que xa tivo unha excelente acollida o pasado verán, busca fomentar a cultura e realzar o valor do espazo patrimonial que representa o Pazo Quiñones de León. A proposta consolida a Castrelos como un dos principais puntos de encontro cultural durante a tempada estival na cidade.
O programa reforza o compromiso de achegar o cine a lugares abertos e emblemáticos de Vigo, ofrecendo unha alternativa de ocio e cultura para os veciños e visitantes. As proxeccións converterán os xardíns nunha sala de cine baixo as estrelas, nun ambiente único.




