A xornada comezou na Praza do Rei, onde os participantes foron recibidos polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado por representantes de tódolos grupos políticos da corporación municipal. O rexedor destacou a importancia da implicación dos máis novos na defensa e promoción do idioma galego.
Baixo o lema “Co galego no corazón facemos revolución”, a comitiva percorreu a Avenida Camelias e a Praza América. O percorrido culminou en Castrelos, escenario escollido para o acto final que incluíu a lectura dun manifesto elaborado por alumnado de ESO de toda Galicia, coa colaboración de diversas figuras do ámbito literario.
O evento, que contou con actuacións musicais e actividades de sensibilización, supuxo o peche dun traballo desenvolvido nas aulas durante todo o curso. A iniciativa, que tamén pasou por outras cidades galegas como Santiago, A Coruña, Ourense ou Pontevedra, conta co apoio de diversas institucións e entidades educativas.




