A plataforma Galiza pola Paz reuniu este pasado fin de semana en Vigo a centos de cidadáns para defender a paz e amosar o seu rexeitamento ao despregamento militar levado a cabo na cidade. A marcha contou coa presenza de membros do BNG, incluíndo o deputado no Congreso Néstor Rego, deputados autonómicos e o voceiro local Xabier P. Igrexas.
Néstor Rego criticou duramente a decisión do Goberno de gastar "millóns en propaganda militar e exhibicións bélicas" mentres "miles de familias teñen dificultades para acceder a unha vivenda ou chegar a fin de mes", cualificando a acción de "absoluta irresponsabilidade".
“"Mentres millares de familias teñen dificultades para acceder a unha vivenda ou chegar a fin de mes, o Goberno decide gastar millóns en propaganda militar e exhibicións bélicas. É unha absoluta irresponsabilidade."
O deputado nacionalista tamén alertou dunha "crecente dinámica belicista" promovida tanto polo Goberno de España como pola Unión Europea. Cuestionou a "incoherencia" de reivindicar o "non á guerra" ao mesmo tempo que se organiza unha semana de "propaganda militar" nas rúas de Vigo, onde "mostraron o armamento coma se fose un espectáculo".




