Tras unha noite festiva na que miles de persoas acudiron a gozar da tradición, a pesar de estar prohibidas as hogueras e escavar na area, os traballos de acondicionamento comezaron dende primeira hora da mañá.
As imaxes reflicten o labor dos operarios para retirar os restos acumulados. Bolsas, envases e botellas foron parte das varias toneladas de lixo que deixaron os asistentes nos dous areais.
A recuperación da normalidade nas praias foi o obxectivo principal tras unha noite de celebración e diversión.




