A incorporación de Torrado prodúcese tras a renuncia de Elena Espinosa, quen decidiu centrarse nas súas responsabilidades como terceira tenente de Alcaldía no Concello de Vigo, a un ano das eleccións municipais. Esta decisión permite a Espinosa dedicarse plenamente á política local na cidade olívica.
O novo deputado xa participou o martes na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. Espérase que Torrado asuma a portavocía dos asuntos relacionados coa sanidade no Parlamento de Galicia, unha función que xa desempeñou en anteriores lexislaturas e que, nesta, viña sendo responsabilidade de Espinosa.
Este é o segundo cambio que afronta o PSdeG no Pazo do Hórreo no que vai de lexislatura. Anteriormente, a saída do exdiputado Julio Abalde, quen pasou a dirixir a Subdelegación do Goberno na Coruña, levou a Aitor Bouza, xefe de filas do PSOE compostelán, a ocupar o seu escano.




