O profesor Alberto C. Naveira Garabato, Regius Professor de Ciencias Oceánicas na Universidade de Southampton (Reino Unido) e recentemente elixido Fellow da Royal Society, impartirá a charla titulada «Rewriting the tale of deep-ocean upwelling» (Reescribindo o relato do afloramento no océano profundo).
O investigador, nacido na Coruña, é un referente internacional no estudo da circulación oceánica profunda e dos procesos que conectan os océanos co sistema climático. A súa traxectoria científica foi recoñecida con numerosas distincións.
O seminario terá lugar ás 11:00 h no Salón de Actos do IIM-CSIC e tamén poderá seguirse en liña a través dunha conexión facilitada polo centro.
A actividade está aberta a todo o persoal do centro e constitúe unha oportunidade para coñecer de primeira man a investigación dun referente en oceanografía física. Ao remate, haberá un encontro informal arredor dun roscón.




