O sinistro, que tivo lugar na mañá deste venres, implicou o alcance entre dous turismos. Como consecuencia do impacto, dúas persoas sufriron feridas e tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mos, que se desprazou ao lugar, informou que foi necesario retirar un dos asentos dun dos coches para poder liberar aos feridos.
Ao lugar do suceso acudiron unha ambulancia do 0-61, efectivos do GES de Mos e axentes da Garda Civil de Tráfico. O accidente provocou retencións na circulación nesa zona da autovía.




