Detido en Sárdoma por tráfico de drogas

A Policía Nacional desarticula unha rede de venda de sustancias estupefacientes no barrio vigués.

Imaxe xenérica de drogas sintéticas e cocaína intervidas pola Policía.
IA

Imaxe xenérica de drogas sintéticas e cocaína intervidas pola Policía.

Unha persoa foi detida no barrio de Sárdoma, en Vigo, como presunta autora dun delito de tráfico de drogas, tras unha investigación da Policía Nacional.

Axentes da UDYCO da Comisaría de Vigo-Redondela puxeron fin a unha rede de venda de estupefacientes que operaba dende o barrio de Sárdoma. A investigación, que se prolongou durante varios meses, confirmou as sospeitas sobre un individuo que se dedicaba á distribución de substancias dende o seu domicilio e tamén dende diversos locais da zona.
As pescudas permitiron constatar que o detido traficaba principalmente con drogas sintéticas e cocaína. Durante as operacións policiais levadas a cabo, interviñéronse 11 gramos de cocaína, 5 gramos de éxtase, 750 euros en efectivo e unha báscula de precisión, elementos clave para o desenvolvemento da actividade ilícita.
O arrestado pasou na mañá deste xoves a disposición do Tribunal de Instancia, Sección de Instrución, na cidade de Vigo, que se atopaba en funcións de garda para o seu xuízo.