A razón principal desta proposta é evitar a coincidencia co partido da selección española contra Austria no Mundial de Fútbol, que se xogará o mesmo día ás 21:00 horas e que podería estenderse ata as 23:00.
Dende o Concello xa se puxeron en contacto co grupo musical para plantexarlles esta posibilidade e están á espera da súa resposta. Se a banda de hard rock accede a cambiar o horario, o Concello emitirá o encontro deportivo nas pantallas xigantes de Castrelos antes do inicio do concerto.
Esta medida permitiría aos asistentes que agardan pola actuación de Deep Purple seguir o partido da selección mentres esperan.




