A institución municipal organiza esta actividade para ofrecer aos máis pequenos a posibilidade de empregar o seu tempo libre estival de forma organizada e planificada, promovendo a cooperación, a educación en valores, o coñecemento dos espazos públicos e fomentando a convivencia.
Durante o campamento desenvolveuse un programa de ocio e tempo libre moi completo, con xogos, visitas a monumentos, museos, prazas e praias da vila. Entre as actividades realizadas atópanse visitas ao Parador de Turismo Conde de Gondomar, o Paseo de Pinzón, o monumento “Encontro entre dous mundos”, o Paseo Monte Boi, a Praia de Frades, a Praza de Santa Liberata, un tramo do Camiño Portugués da Costa, unha Yincana polo Casco Vello, olimpiadas, buscas do tesouro, concurso de Got Talent, saídas a varias praias e festas de auga.
“"Agradecendo a eles e ás súas familias a colaboración nun evento xa consolidado entre as actividades estivais da nosa Vila."
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, fixo entrega dun diploma a cada un dos participantes, agradecendo a súa colaboración.




