A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou hoxe o expediente de contratación, establecendo o 13 de outubro como data límite para que as empresas presenten as súas ofertas.
A colocación deste pavimento, cun relevo específico deseñado para axudar ás persoas con discapacidade visual na súa orientación, contribuirá a unha maior autonomía, accesibilidade e seguridade. Ademais, servirá como advertencia táctil de posibles barreiras, tanto en interiores como en exteriores, como pasos de peóns, escaleiras, esquinas, ascensores, carrís-bici, plataformas, entradas de edificios, obras ou obstáculos puntuais. Tamén se terán en conta cores con contraste e patróns en relevo para persoas con baixa visión.
A previsión é que a actuación se complete nun prazo de dous meses a partir da formalización do contrato. O obxectivo desta contratación é mellorar a accesibilidade destas sedes xudiciais, dotándoas de medios e servizos que faciliten o seu uso por parte de toda a poboación.




