O festival, que se celebrará do 16 ao 20 de setembro, presentará unha selección de curtametraxes e longametraxes que poderán ser valoradas por un xurado e polo público. Ademais, haberá Premios do Público tamén na sección de curtas infantís.
Aínda que as bicicletas xa non xerarán a enerxía das proxeccións, seguirán sendo o fío condutor do evento. O festival reivindica a bicicleta como o mellor medio de transporte para desprazamentos curtos, como símbolo de gozo e liberdade, e como forma de entender o mundo.
As proxeccións terán lugar nos Cines Municipais da Ramallosa e no Centro Comercial Siglo XXI. A entrada será libre ata completar capacidade.




