O incidente tivo lugar ás 7:32 horas no punto quilométrico 151,9 da autoestrada, en sentido Vigo. Este suceso matinal bloqueou tanto o acceso como a saída da cidade, causando serias complicacións para os condutores.
Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias 112, no accidente víronse implicados dous vehículos e unha persoa resultou ferida. Para atender a situación, mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias-061, Tráfico e o servizo de mantemento de estradas.
A consecuencia do sinistro, formouse un atasco que, nos seus momentos de maior intensidade, alcanzou os seis quilómetros de lonxitude. As retencións estendéronse máis aló da ponte de Rande, onde os paneis informativos alertaban aos condutores sobre o embotellamento e as dificultades circulatorias.




