Esta medida afecta aos beneficiarios do Sergas adscritos a centros de saúde dos municipios de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán e Gondomar. Tamén inclúe a pacientes de Vigo con médico nos centros de saúde de Coia, Bouzas, Coruxo, Navia, Pintor Colmeiro, Olimpia Valencia, Rosalía e Beirmar.
A data do 31 de marzo de 2026, o Hospital Povisa contaba con 110.555 persoas como hospital de referencia, o que representa a cifra máis baixa da súa historia.




