O informe ambiental estratéxico emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que non se prevén efectos adversos significativos na contorna, aínda que sinala condicións a atender. O proxecto, promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), busca construír maioritariamente vivenda protexida.
O trámite de avaliación ambiental estratéxica simplificada incluíu a consulta de organismos públicos e a publicación do borrador do PIA e do documento ambiental no portal web da Consellería durante 30 días hábiles para achegas do público.
O ámbito de actuación do PIA abarca unha superficie de 143.314 m² e está situado entre a avenida Ramón Nieto, as rúas Cantabria, Santa Cristina e Bagunda, ademais doutros viarios secundarios na zona leste da cidade.
As previsións inclúen a execución das 1.454 vivendas, con reservas para dotacións de equipamento comunitario, espazos libres e zonas verdes.




