Unha xornada de sol e mar acompaña á vixésima edición da Volta a Cíes para as clases ORC, Solitarios e A Dous. A proba consiste nunha circunnavegación ao arquipélago vigués, cun percorrido que terá a súa saída e chegada nos pantaláns de Bouzas, sendo o Liceo o club organizador.
Alredor de trinta embarcacións competirán esta tarde nas augas da Ría. Entre os participantes atópase o 'Magical' de Julio Rodríguez, actual campión, quen buscará revalidar o título. Esta regata serve tamén como antesala do Desafío Rías Baixas, que se celebrará a próxima fin de semana e que outorgará o título de Campionato Galego de Solitarios. Ademais, a proba é puntuable para a Copa Galicia de cruceiros.




