A reunión tivo lugar en Baiona (Pontevedra) e centrouse nos proxectos de atención a maiores do municipio. A parcela proposta pola administración local enmárcase nun proxecto da Xunta.
Ángeles Vázquez destacou a importancia do diálogo aberto cos concellos como ferramenta principal para reforzar a atención aos maiores e ás persoas vulnerables. Trasladou ao alcalde o seu agradecemento polo traballo da corporación para mellorar a calidade de vida dos veciños con máis recursos e servizos.




