A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas aprobou a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo, que se realiza polo sistema de concurso. Ofertáronse un total de 25 prazas, das cales 17 son de acceso libre, 6 de promoción interna e 2 de discapacidade xeral. Admitíronse 134 aspirantes neste proceso.
Esta convocatoria realízase en aplicación da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Sergas, co obxectivo de garantir a adecuada atención sanitaria na poboación galega.
Os aspirantes excluídos ou que non figuren na lista teñen un prazo de 10 días hábiles, ata o 26 de novembro de 2026, para presentar reclamacións. As consultas sobre o proceso poden dirixirse ao correo electrónico oposicions@sergas.es.




