A actuación busca prolongar a vida útil do edificio e evitar filtracións e danos causados pola escorrenta de auga.
A obra está financiada pola Deputación Provincial de Ourense a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (CooperOU).
O proxecto, titulado «Actuacións en Berrande: cuberta do centro social e canalización de pluviais, Concello de Vilardevós (Ourense)», ten un importe subvencionado de 38.000,00 €.
A empresa adxudicataria dos traballos é Dieguez Rodriguez S.C. Construcciones.




