As actividades comezan este venres ás 19:00 horas na zona de A Preguiza coa apertura das inscricións. O programa inicial inclúe un aperitivo de benvida, unha cea e a actuación musical dun DJ.
A xornada central será o sábado 20 de xuño. A partir das 10:00 horas abriranse de novo as inscricións e realizarase unha ruta en moto pola contorna. Pola tarde, desde as 17:00 horas, haberá espectáculos programados que rematarán cunha cea para os participantes.
O domingo 21 de xuño, o Concello de Monterrei organiza unha ruta motera con pinchos a partir das 11:00 horas. O evento pecharase cun vermut e a entrega de trofeos aos asistentes.




