A festa comezou ás 11,00 horas con animación musical. Ao mediodía, os asistentes poderán desfrutar dunha exposición de pratos cociñados a base deste recoñecido produto.
A comida popular, programada para as 14,00 horas, estará amenizada pola charanga Támega.
Pola noite, a partir das 21,00 horas, a artista Rosa Cedrón ofrecerá un concerto de entrada gratuíta para poñer o broche final á xornada.




